O incendio de Laza xa queimou máis de mil hectáreas
O incendio de Laza,activo e sen control, leva queimadas máis de mil hectáreas.Tamén en Ourense, hai lumes en Chandrexa,A Gudiña e Calvos de Randín.Feijoo di que o incendio de Laza fai sofrir "moitísimo" ós equipos de extinción.O conselleiro de Medio Rural,Samuel Juárez,dixo en RNE que a superficie ardida este ano é pequena, tendo en conta o elevado número de lumes.O PSdGa-PSOE calificou de "escandaloso" o apagón informativo da Xunta en materia de incendios.O Presidente da Xunta visitou o porto de Burela,onde ratificou o apoio do goberno á pesqueiría do bonito.Envorca un camión con combustible na A-6, á altura de Begonte.19 persoas perderon a vida en agosto nas estradas galegas,sete menos ca o ano pasado. Invitámolos a percorre-la Ruta do Mexillón.A nosa reportaxe trata sobre o cultivo deste bivalvo, auténtico motor económico das terras da Arousa Norte.O semanario "A Nosa Terra", o medio en galego máis veterano,convértese en diario dixital tras suspender pagos. Entrevistamos ó presidente do grupo editor de "A Nosa Terra",Alfonso Eiré, que confía en recuperar moi pronto a edición semanal en papel(01/09/2010)