Os incendios forestais non dan tregua a Galicia
Seguen activos e sen control dous incendios en Boiro e Vimianzo,na provincia de A Coruña.O primeiro xa calcinou cerca de 500 hectáreas.En Lobios (Ourense) témese que o incendio que afecta ó Parque Natural da Peneda-Gerès, no norte de Portugal, traspase a fronteira. O alcalde de Lobios di que as lapas xa acadaron a parte galega, en contra do que afirma a Xunta.Concentración en Pontevedra polos dous brigadistas falecidos en Fornelos de Montes.Os socialistas acusan de "irresponsabilidade" á Xunta e reclaman o envío de efectivos anti-incendios ó Xurés.Xornada festiva en varias localidades galegas.En Vilagarcía,o día de San Roque coincide coa Festa da Auga,que congrega a milleiros de persoas.Ofrecémoslles unha reportaxe sobre a oferta gastronómica que está nacendo a partir da Praza de Abastos de Santiago. Hoxe falamos dun restaurante, o Abastos 2.0 , que funciona sen neveira, súrtese de todo o que precisa sen saír da praza(16/08/10)