En liberdade o autor confeso do crime da rúa Oporto en Vigo.
Xa está en liberdade o asasino confeso de dous gais nun piso de Vigo. As familias temen que poida fuxir ,pese á obriga que se lle impuxo de acudir cada día ó xulgado..Feijóo admite a necesidade de cambios na lei galega de caixas para adaptala á LORCA(Lei de Órganos Rectores de Caixas de Aforros).Caixanova e CaixaGalicia confían en pechar este mes o axuste do cadro de persoal.Os soldos seguen subindo por riba do IPC pero os convenios asinados en Galicia recollen a suba máis baixa dos últimos dez anos.Os socialistas cargan de novo contra o director xeral da Función Pública.Din que a Xunta leva un ano sen executar a sentencia que anulou unhas oposicións de turismo no 2001.Tres veteráns e catro caras novas son as apostas do BNG para as alcaldías das grandes cidades galegas.¿As dotes adivinatorias do pulpo Paul son cribles ou froito da casualidade? Contánolo Ángel Guerra, do Instituto de Investigacións Mariñás do CSIC de Vigo.A reportaxe lévanos ata Ourense,onde un cento de nenos saharauis,senegaleses e rusos participan no programa "vacacións en familia".A orquesta de cámara Trondheim Soloits debuta hoxe en Santiago no Festival Via Stellae(13/07/10)