Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/08/10 23/08/2010 52:16

En liberdade o home detido polo incendio de Fornelos

Quedou en liberdade o único detido polo incendio de Fornelos.O xuíz considera que non hai probas contundentes para determinar que foi o autor do lume.O terceiro implicado no atraco mortal de A Cañiza presta declaración no xulgado de Ponteareas.Atopan a carteira da moza desaparecida en Pontevedra nas inmediacións do poboado de O Vao.Gandeiros Unidos anuncia mobilizacións para setembro en protesta polos baixos prezos do leite.A ministra Elena Espinosa inaugurou hoxe en Ourense tres actuacións de recuperación medioambiental.A Xunta suprime dez escolas de Infantil e nove centros de Infantil e Primaria para o próximo curso.A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica iniciou hoxe a busca e posterior exhumación dunha fosa común en Triacastela.Entrevistamos ó vicepresidente da Asociación,Santiago Macías,que se desprazou ata a localidade luguesa para seguir de preto os traballos.Pedro Almodóvar iniciou en Santiago a rodaxe da súa última película,"La piel que habito".Concello e hostaleiros,satisfeitos polos beneficios económicos e de promoción que lles pode reportar(23/08/10)

Galicia Informativos
Más opciones