Loito no municipio coruñés de Vimianzo
Loito oficial no concello coruñés de Vimianzo pola morte do alférez Abrahan Bravo en Afganistán.Detido un home como suposto autor da morte da súa esposa,en Lugo.A economía galega abandona as cifras negativas e medra o dobre ca estatal, un 0'2%.Os sindicatos esixen ás caixas conservar soldos e complementos trala fusión.Teñen pendente de resolve-lo futuro de case 8.000 traballadores.Pontevedra alega contra as Directrices de Ordenación do Territorio.Os tres partidos con presenza na corporación néganse a que Vigo sexa a única cabeza visible da comarca.Falamos sobre "Granxafamiliar",un proxeto para comercializar produtos de calidade pola Rede sen intermediarios.Os clientes contactan a través de Internet cos produtores e a venda é directa,segundo nos explica o coordinador da iniciativa,Carlos Ferrás.Os mellores surfistas do mundo danse cita estes días no Ferrolterra Pantín Classic, considerado un dos campionatos de surf máis importantes do mundo.En A Coruña comenza hoxe a Regata Infanta Elena de Vela e o Deportivo prepara o debú ligueiro en Riazor(26/08/10)