Mauro Silva,convencido de que España ganará o Mundial
O ex-deportivista Mauro Silva cóntanos de primeira man o ambiente que se vive en Sudáfrica, a poucas horas da final do Mundial. O histórico mediocentro do Depor ve a España como clara vencedora fronte a
Holanda.Campeón do Mundo con Brasil en 1994,Mauro Silva vive estes mundiais dende o papel de comentarista para a cadea de televisión brasileña Bandeirantes.O que fóra un dos mellores xogadores na historia do Depor contoulle a Carlos Jiménez que A Coruña segue sendo a súa segunda casa,e que, a pesar de vivir en Brasil, segue moi de cerca todo o que acontece en Galicia. Mauro Silva respondeu ás preguntas de RNE-G dende a sede do Centro Internacional de Medios(IBC),en Johanesburgo.Cerca de douscentos medios de comunicacións, entre éles Radio Nacional, poderían transmitir ó mundo esta noite que a selección de España "pasa á historia"(11/07/10)