Méndez e Toxo piden a Zapatero que retire a reforma das pensións
Os secretarios xerais de UXT e CCOO,Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo, piden a Zapatero que aproveite o Debate sobre o Estado da Nación para retira-la reforma das pensións.Méndez e Toxo visitan hoxe Vigo e A Coruña para prepara-la folga xeral.Presentado o selo de calidade que distinguirá o "leite 100% galego".Detido o conductor do coche no que morreu a súa filla e un cuñado,tras probarse que conducía ebrio.O PSdGa-PSOE pide a intervención do goberno de Gondomar,por apoiarse en tránsfugas.O concello de O Carballiño nomeou "amigo predilecto" ó pulpo Paul,que vaticinou o triunfo de España no Mundial.O alcalde viaxará a Alemaña para tentar traelo á festa do polvo, o 8 de agosto.Os traballos para retira-lo andamio do Pórtico da Gloria comezarán esta noite.Concellos da Ribeira Sacra ourensá queren poñer en valor a castaña.Na reportaxe falamos desa iniciativa que axudará a preserva-los soutos que forman o bosque natural.Os avións volverán surca-lo ceo de Vigo no Festival Aéreo Internacional, o próximo domingo.Nesta edición terán un protagonismo especial os nenos ingresados no Hospital Xeral vigués. Contánolo,no tempo da entrevista,o xefe do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario de Vigo(12/07/10)