-Tres horas durou a declaración do ex alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez ante a xuiza Pilar de Lara, esta vez por branqueo de capitais. Tamén declarou a súa parella.
-O BNG pedirá a reproboación do delegado do goberno tralas declaracions de Samuel Juárez pedindo unha condena mais clara contra Resistencia Galega por parte do Bloque. O delegado cualifica de pose política a postura da formación nacionalista.
-O próximo venres constituiráse a comisión xestora que rexerá o concello de nova creación, Oza-Cesuras. Os seus trece vogais tamén elexirán ese día ó alcalde.
-Comisions e UGT súmanse á movilización da Confederación Europea de sindicatos, con manifestacions este domingo nas comarcas galegas.
-Morre un traballador nun accidente laboral en Quiroga.