Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/03/12 08/03/2012 48:13

Novas declaracións do "caso Campeón"

O vicepresidente de Azkar nega no Supremo ter recibido trato de favor por parte de José Blanco.O actual reitor da Universidade de Vigo.Salustiano Mato, desbota calquera irregulariedade na súa xestión como director de I+D,durante o goberno bipartito.Os socialistas piden explicacións a Feijóo sobre os seus contactos con Jorge Dorribo.Falamos con Elena Espinosa, que esta fin de semana lle disputará a Pachi Vázquez o liderado do PSOE galego.Traballadoras de Alfageme transladan a A Coruña as súas mobilizacións en demanda de garantías para o futuro da conserveira.O sector naval vigués, contra as cordas polo bloqueo do tax-lease.Fomento estudará o posible soterramento do AVE ó seu paso por Ourense.

Galicia Informativos
Más opciones