O presidente da Xunta critica a Rodríguez Zapatero por non consultar ás comunidades. O concello de Santiago amplía os servizos mínimos pola folga na recollida de lixo. os suicidios causan máis mortes que os accidentes de tráfico. (14/05/2010)
Alberto Núñez Feijóo pide un debate autonómico sobre a crise no Senado. A CIG é partidaria dunha folga xeral contra os recurtes anunciados polo Goberno. O lixo acumúlase nas rúas de Santiago e o concello amplía os servizos mínimos. Os suicidios causan máis mortes en Galicia que os accidentes de tráfico. A Xunta podería retira-la consulta ós pais sobre o galego. Entrevistamos ó presidente da Sociedade Galega de Reumatoloxía: en Galicia un 22 por cento da poboación padece algún tipo de enfermidade reumática. Preséntase en Lugo un CD cos poemas de Uxío Novoneyra que están nos arquivos de Radio Nacional de España en Galicia. (14/0572010)