Galicia Informativos   Crónica de Galicia-08/05/2013 08/05/2013 48:10

Dúas horas estivo declarando nos xulgados de Lugo a edil Silvia Marín, imputada pola xuiza Pilar de Lara no marco da Operación Pokemon, polo contrato dunha traballadora para a gardeiría municipal.

-O sector conserveiro galego amosa a súa preocupación porque Tailandia poida exportar libremente ás súas conservas á Unión Europea. Di que se poderían perder dez mil postos de traballo. Esta tarde reúnese co ministro de Medio Mariño Arias Cañete.

-Tras catro días de busca, a garda civil conseguiu deter na Estrada á parella á que se responsabiliza de numerosos roubos na comarca do Salnés. Antes da detención, roubaran a punta de navalla o coche a unha familia que levaba ós nenos á gardeiría.

Galicia Informativos
Más opciones