A oposición arremete contra o "copago"
A conselleira de Sanidade asiste ó Consello Interterritorial de Saúde que analiza a proposta de copago farmacéutico segundo a renda.Goberno e Xunta xustifican esta medida,que a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera inxusta.Socialistas e BNG súmanse ás críticas,e sinalan a Feijóo como un dos promotores do copago. En tres anos e medio destruiuse en Galicia a metade do emprego creado dende 1.999.A maior parte da flota galega,amarrada polo mal tempo.Detidos os dous responsables do circo no que traballaba o operario falecido en Soutomaior.O concello de A Coruña saca a subasta os seus coches oficiais. No tempo da entrevista,falamos co doutor Ricardo García Mayor,coordenador do Congreso que a Sociedade Española da Diabete celebrará a partir de mañá en Vigo