O xuiz Santiago Pedraz reabre a investigación pra esclarece-la morte en Irak de José Couso. O consello da Xunta aproba o Plan de ordenación do litoral. Un túnel galego é o único dos catro analizados en España que non cumpre en seguridade (29/07/10)
O Santiago Pedraz cursa unha orde de busca e captura contra os tres militares de EEUU relacionados coa morte do cámara galego de TV, José Couso. O plan de ordenación do litoral incrementa nun 30% as limitacións á construcción na costa, segundo a Xunta.
Os sindicatos agrarios ameazan con bloquea-la actividade das industrias que menos pagan polo leite.
Un túnel da AP-9 é o único dos catro analizados en España que non cumpre as probas de seguridade do estudo EuroTap. Ofrecémoslles unha reportaxe sobre a ampla exposición de dinosaurios que se pode ver na Coruña (29/07)10)