O Papa ofrecerá o 6 de novembro unha misa no Obradoiro
O Papa Benedicto XVI estará en Santiago oito horas e oficiará unha misa ante 10.000 persoas.O arcebispo Julián Barrio pide ós cidadáns que o 6 de novembro acompañen ó Pontífice dende a Lavacolla ata a Catedral.Máis dun millón de persoas participaron xa nos actos do Xacobeo 2010."Muse" e "Arcade Fire" aspiran a reunir 60.000 persoas no Monte do Gozo, nos concertos que ofrecerán os días 27 de agosto e 5 de setembro.Detidos once membros do clan dos Charlíns por branqueo de capitais.CCOO alerta de que no 2009 se duplicaron os despedimentos en Galicia ata acada-las 50.000 persoas. Dende hoxe vólvese consumir pulpo fresco en Galicia,despois dun mes de veda.Cinco institutos galegos foron inaugurados no século XIX.Galicia acolle,por primeira vez,unhas xornadas sobre institutos históricos españois.A Fundación Mª José Jove facilitará o acceso ós areais a persoas con graves problemas de mobilidade.Entrevistamos a Marcos Fernández,coordinador do programa "Axuda na praia"(05/07/10)