Galicia Informativos   Crónica de Galicia-06/05/2013 06/05/2013 49:07

O número total de desempregados na comunidade sitúase en 290.450 en Galicia. Os sindicatos cualifican o descenso de dato insignificante e reclaman cambios nas políticas de emprego. A Xunta destaca o mellor comportamento da comunidade que ó do conxunto do Estado.

-Pemex entrará no capital social de Barreras este mesmo mes. A xunta de accionistas do estaleiro vigués aprobou a ampliación de capital de cinco millons de euros.

-Afectados polas preferentes encérranse no concello da Coruña. O alcalde expulsou a un grupo de afectados do salón de plenos. En Pontevedra, o concello cancelará as contas con Nova Galicia Banco se nun mes non devolve os aforros ós preferentistas.

Galicia Informativos
Más opciones