-Baixa o paro en maio en Galicia. Un descenso do 2'26 por cento, superior á media estatal. Xunta e sindicatos coinciden en que se trata dun bó dato pero as centrais lembran en que o paro segue subindo e que agora hai 7.000 parados mais que hai un ano.
-Traxedia nunha familia marroquí en Salvaterra do Miño. Xa foi recuperado do río o corpo do neno de 12 anos desaparecido cando tentaba salvar ó seu hirmán, tamén falecido.
-O socialista Edmundo Maseda é o novo alcalde do Valadouro, tras prosperar a moción de censura que desbancou da alcaldía ó popular José Manuel Lamela, neste concello lugués.
-Comparece ante a xustiza o edil compostelán Juán de la Fuente, que se negou a declarar. Está imputado polo caso das facturas falsas. Foi sometido a unha proba caligráfica.