Galicia Informativos
Crónica de Galicia-09/04/2013
09/04/2013
49:03
Os traballadores de Pescanova, preocupados polas noticias de falta de liquidez. O ministro de Economía Luis de Guindos considera que se trata dunha empresa competitiva. O presidente dos empresarios galegos, Antonio Fontenla, tamén amosou a súa preocupación polo futuro da compañía.
O pleno do Parlamento demanda ó goberno central que se aclare a morte do cámara José Couso, hai dez anos, durante a invasión estadounidense en Bagdad.
En Vigo, quedan absoltos os cinco afectados polas preferentes denunciados por Nova Galicia Banco tras ocupar unha sucursal.