Galicia Informativos   Crónica de Galicia-18/04/2013 18/04/2013 49:53

Ó seu regreso de México, Alberto Núñez Feijoo amosou a súa satisfacción polo compromiso coa petroleira PEMEX para o Naval, pero tamén polo interese polo leite galego e anunciou a próxima visita a Galicia dun representante do goberno mexicano para visitar instalacions lácteas galegas. O secretario de organización do Ps de G ironiza en relación ós anuncios da Xunta neste sentido.

Os traballadores do Banco Gallego agardan que se manteña o emprego trala compra da entidade polo Sabadell. Os afectados polas preferentes consideran insuficiente a decisión da comisión de seguemento destes productos de dar prioridade nas arbitraxes ós investidores de menos de dez mil euros. Comisions Obreiras levará o decreto dos comedores escolares ós tribunais. Morre unha anciá de 88 anos por un escape de gas en Meaño, Pontevedra.

Galicia Informativos
Más opciones