Galicia Informativos   Crónica de Galicia-04/04/2013 04/04/2013 49:10

Alberto Núñez Feijoo reitera que o xuiz que levou o cárcere a Marcial Dorado non atopou ningún indicio legal sobre a súa relación nos 90 e asegura estar desexando comparecer no Parlamento. O consello da Xunta aprobou o anteproxecto de lei da racionalización da administración, para aforrar recursos. Consello de Administración de Pescanova en Redondela, un día antes de que acabe o prazo dado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores para remitir os resultados, e un mes despois de presentar preconcurso de acreedores.

A axencia tributaria recadou o ano pasado en Galicia mais cartos en operacions contra o fraude que pola declaración da renda. O grupo de electrodomésticos Darty pecha as súas tendas en España: dez en Galicia. Xuizo do Prestige: o ex director xeral de Salvamento Marítimo di que alonxar o buque da costa permitiu recuperarse antes dos efectos da marea negra.

Galicia Informativos
Más opciones