Galicia Informativos
Crónica de Galicia-01/04/2013
01/04/2013
49:30
Alberto Núñez Feijoo sinalou que nunca asinou contratos nin tivo ningunha relación económica con Marcial Dorado, co quen aparece nunhas fotos de mediados dos 90. A oposición insiste en pedir a súa demisión.
Concentracions en Lugo e Santiago contra a violencia de xénero en sinal de repulsa pola veciña de Lugo, a cidadá romanesa morta polo seu home. Os veciños do barrio da Milagrosa van recoller cartos para poder repatriar ó cadáver a Romanía.
Morren cinco persoas nas estradas galegas en marzo, unha mais que ó ano pasado. O escritor Xosé Luis Alonso Montero rexistra a súa candidatura a presidir a Real Academia Galega. É o segundo aspirante xunto ó filólogo Manuel González.