Galicia Informativos   Crónica de Galicia-02/04/2013 02/04/2013 48:27

A Xunta de portavoces do Parlamento galego acordou por unanimidade a comparecencia de Núñez Feijoo no próximo pleno para falar das fotografías dos anos 90 nas que aparece xunto a Marcial Dorado. En RNE, o secretario xeral do Ps de G, Pachi Vázquez, nega que él estivese detrás da publicación desas fotos, namentres hoxe o presidente da Xunta acusaba directamente ós socialistas de tentar publicalas.

Galicia foi a terceira comunidade na que mais baixou o paro en marzo. Protestas de afectados polas preferentes na Coruña, Vigo e Pontevedra. Vanse reunir co presidente do Tribunal Superior de Galicia.

Morre un enxeñeiro nun accidente laboral ó ser atropelado nas obras do AVE no concello ourensán de Laza. Atopan catro especies de cetáceos prehistóricos descoñecidos ata agora nas costas galegas.

Galicia Informativos
Más opciones