Galicia Informativos   Crónica de Galicia- 0304/2013 03/04/2013 49:19

O presidente da Xunta considera que o xuiz Vázquez Taín, que enviou ó cárcere a Marcial Dorado xa falou claro ó decir que detrás desas fotos non había nada. O secretario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acusa ó presidente galego de mentir xa que o propio xuiz fala de conversas entre Núñez Feijoo e Dorado anos despois da época das fotos. A Citroen de Vigo presenta os dous novos modelos: o Peugeot Partner Electric e o Citroen Berlingo. Crearánse mil postos de traballo. O alcalde de Tui obriga a desaloxar ós afectados polas preferentes que levaban dous meses encerrados no concello. En Nigrán, obrigan a suspender o pleno. Un susto ó declararse un incendio no edificio mais alto de Galicia: a torre Hercón da Coruña. Tres persoas foron atendidas de intoxicación leve.

Galicia Informativos
Más opciones