-O presidente Núñez Feijoo dixo que a conxelación das taxas universitarias seguerán conxeladas ó ano que ven, e que ademais se incrementarán as becas. Pide solidariedade ós reitores, que hoxe, nun comunicado conxunto, criticaron os recortes e o que consideran un novo ataque ós traballadores públicos de Galicia.
-O presidente da Xunta tamén advirte a Nova Galicia Banco de que está disposto a acudir ós tribunais si non amplía o prazo para recoller pola vía da arbitraxe as reclamacions dos preferentistas. Os afectados polas preferentes cortaron o tráfico no centro da Coruña. Dúas novas sentenzas xudiciais en Ourense dan a razón a clientes destes productos tóxicos.
-AUSBANC recomenda ós galegos con hipotecas con cláusula chan que reclamen ós bancos a súa retirada inmediata e acudir á xustiza, de non obter resposta satisfactoria.
-No porto de Vigo descargáronse os 113 fardos con 3.400 quilos de cocaína, trala chegada do pesqueiro cos seus cinco tripulantes detidos.