-Reunión en Madrid do presidente do goberno cos barons do PP sobre o déficit das autonomías. Alberto Núñez Feijoo defende un reparto económico e non político e que as comunidades que cumpren o déficit, como Galicia, non saian prexudicadas. Os grupos da oposición insisten en que non se pode pedir mais sacrificio ás comunidades e consideran que a reunión de Madrid non vai servir para nada.
-O BNG pide unha comisión de investigación sobre Pescanova e as axudas recibidas da Xunta. O portavoz do PP Pedro Puy di que non corresponde ó goberno galego fiscalizar á multinacional.
-Alimentos Lácteos presenta concurso de acreedores.
-AGE reclama un referendo sobre a mina de Corcoesto e outros proxectos mineiros que se promoven en Galicia. O PP di que a Xunta non concederá ningunha licenza que non cumpra a normativa europea.
-A Cidade da Cultura acolle a mostra mais destacada sobre os pobos da Amazonia en España.