Os Príncipes inauguran en A Coruña unha nova sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
Don Felipe e dona Leticia inauguran en A Coruña o primeiro museo nacional de Galicia, onde se exhiben máis de trescentas pezas que marcaron a historia da ciencia en España.O MUNCYT abrirá ó público o 1 de xuño,aínda que mañá poderase disfrutar dunha xornada de portas abertas.O paro rexistrado subiu por primeira vez en Galicia no mes de abril. A oposición pide a demisión do Valedor do Pobo por xustifica-los recortes e plantexa-la suspensión da Lei de Dependencia.A Xunta prestará apoio xurídico ós empresarios do naval para defenderse da competencia desleal doutros países. En Cabana de Bergantiños constitúese unha plataforrma contra a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto.Vilagarcía acollerá esta noite a quinta Gala contra o Cancro, organizada pola Orquesta Panorama