Problemas para aplica-lo decreto do plurilingüismo en Galicia
A Xunta investirá 51 millóns de euros ata o 2013 para dar formación plurilingüe a 40.000 escolares galegos.Algúns centros decláranse "incompetentes" para realizar o reparto do 50% das asignaturas en galego e castelán.A Garda Civil de Lugo desmantela unha rede internacional de tráfico de armas entre España e Portugal.Prisión baixo fianza de 30.000 euros para nove detidos do clan dos Charlíns.O BNG pide a Fomento un novo calendario de execución da autovía do Cantábrico.En Ourense, a ministra de Igualdadade,Bibiana Aído, advirte ás comunidades que non cumpren a Lei do Aborto de que "ninguén está por riba da lei".A morte súbita,moi preocupante en deportistas xóvenes, é obxecto de análise no curso "Cardiopatías e deporte",que comezou hoxe na Coruña. No tempo da reportaxe escoitamo-los testemuños dalgúns expertos. Cos ecos da victoria de España fronte a Alemaña, o Depor inicia hoxe a pretemporada,con catro novas incorporacións.Arranca o Festival de Ortigueira,que nesta edición prevé reunir a 100.000 amantes da música celta.(08/07/10)