Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/06/10 14/06/2010 52:32

O PSOE galego propón un pacto económico á Xunta

A Xunta comprométese a estuda-la proposta de pacto económico que lle remitirá hoxe o PSOE galego.O conselleiro da Presidencia loou o que considera un cambio no xeito de facer oposición.O portavoz do PP cré que os socialistas adicaron a conferencia política desta fin de semana a resolver problemas internos, en vez de ocuparse dos cidadáns. O ex-conselleiro Ricardo Varela autodenunciouse en busca de amparo ante as "insidias" do PP.As cúpulas das caixas galegas aproban hoxe as cifras da fusión,que prevé o peche de dúas mil oficinas.Restablecida a comunicación entre Galicia e Asturias pola estrada N-634.Galicia supera en seis puntos a media estatal en doazóns de sangue.Neste Día Mundial do Doador,falamos con Ángeles Pazos,voceira do Centro de Transfusión de Galicia.A nosa proposta de hoxe é un "concurso de espantallos", que vai máis aló da mera competición. É unha singular iniciativa do concello pontevedrés da Lama para atraer visitantes...(14/06/10)

Galicia Informativos
Más opciones