Reábrese ó tráfico a autoestrada A-6
Pódese circular xa pola A-6 logo de ser retirado o camión que envocou onte, á altura de As Nogais.A conselleira de Sanidade confirmou que Galicia aplicará a reforma farmacéutica para garanti-lo sistema sanitario público.NO Día Mundial da Meninxite,expertos galegos confían en que a vacina para o meningococo B estea lista antes de finais de ano.O presidente da Deputación de Ourense declina pronunciarse sobre a investigación de Bruxelas pola xestión de fondos europeos.Traballadores do naval vigués péchanse na delegación da Xunta,mentres operarios de Navantia marchan en manifestación cara Fene.Galicia prepárase para un novo temporal de chuvia e vento.Achegámonos á figura do químico Antonio Casares,tatarabó do actual reitor da USC,homenaxeado este ano no Día do Científico Galego.