RNE homenaxea a Valentín Paz Andrade
Radio Nacional de España e o concello de Vigo celebran un acto poético-musical de homenaxe a Valentín Paz Andrade. Despedimos o mes das Letras Galegas coa presentación dun CD con dous programas míticos de RNE adicados ó escritor e empresario vigués. O espectáculo que serve de marco á presentación do documento sonoro inclúe unha suite de oito poemas de Valentín Paz Andrade, musicados por Miguel Ladrón de Guevara. A interpretación corre a cargo de Lino Braxe, actor,escritor e director do proxeto,da actriz Rebeca Montero e de Sabela Paz Andrade,neta do autor homenaxeado. O acto, celebrado no Auditorio Municipal de Vigo, remata coa música de Guillerme Fernández e de Xabier Díaz, dous dos integrantes do grupo Berrogüeto