Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 10/05/10
10/05/2010
50:56
Un pesqueiro galego foise a pique en Mauritania
Unha vía de auga provocou o afundimento dun barco galego en Mauritania.Os dezaseis tripulantes,rescatados sans e salvos por outros pesqueiros que faenaban na zona. A Xunta quere axiliza-la atención ós enfermos de cancro.Pretende que os hospitais diagnostiquen a enfermidade en menos de dúas semanas.Normalidade nos tres aeroportos galegos tralo caos da fin de semana pola nube volcánica.As dúas caixas reúnense esta tarde para tentar pecha-lo acordo de fusión. Na reportaxe falamos de Arqueixal, una empresa de Palas de Rei que combina actividade agraria e turismo rural. O Pontevedra xogará a promoción de ascenso á primeira división.(10/05/10)