Galicia Informativos   Crónica de Galicia-05/06/2013 05/06/2013 49:42

-O naval está pendente da posibilidade de que poida sair unha solución ó problema do tax lease na visita do presidente do Goberno a Bruxelas, e das súas reunions co presidente da comisión, Durao Barroso, e o comisario da Competencia, Joaquín Almunia. Os sindicatos xa anuncian unha folga no sector.

-Detido un traballador de Navantia en relación cos incidentes do pasado xoves no pleno municipal de Ferrol. Quedou en liberdade con cargos. Os traballadores de Navantia manifestáronse para pedir a súa liberación.

-No concello de Ourense, o PP pedirá novamente a reprobación do alcalde, o socialista Agustín Fernández. O BNG di que esta vez a apoiará.

-Recuperan o corpo sen vida do tripulante dun catamarán, naufragado fronte a Bares. É un home francés. Salvamento Marítimo tamén busca na costa de Ribadeo a un percebeiro furtivo desaparecido.

Galicia Informativos
Más opciones