Seguimento desigual da folga dos funcionarios en Galicia
Os sindicatos sitúan en torno ó 60% a incidencia da folga de empregados públicos en Galicia.A Xunta rebaixa a participación ó 10%. O únicos incidentes, nos portos de A Coruña e Ferrol:piquetes bloquearon o acceso de camións á primeira hora. Roubo de material nas antigas vías do tren en Portas,Pontevedra.Os ladróns chegaron ata a liberalos raís,ainda que non o conseguiron.Hoxe remata o prazo para presenta-los escritos de acusación no "caso Prestige".O xuízo podería celebrarse en novembro,oito anos despois da catástrofe.A próxima madrugada sairán de Burela os 70 barcos que irán á "costeira do bonito". Hostaleiros do Carballiño presentan 101 receitas para prepara-lo pulpo. Falamos co autor dun proxeto de "robot como guía de museo". E, na reportaxe, convidámolos a mergullarse nas profundidados mariñas para coñece-lo xeito de vida do "calamar xigante"(08/06/10)