Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 16/01/13
16/01/2013
49:56
A xerente do SERGAS, María Nieves Domínguez, asegura que non se vai pechar ningún centro de urxencias nocturnas, como se fixo en 21 concellos de Castela A Mancha. Aumenta un 14 por cento o número de doadores de órganos. En 2012 realizáronse 294 trasplantes nos hospitais do SERGAS. Os veciños logran paralizar por segundo día a demolición dunha vivenda ilegal en Becerreá. Continúa o xuízo do Prestige. Declaran as testemuñan no xuízo pola morte do neno Diego Novo nunha piscina escolar da Coruña.