Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 04/06/10 04/06/2010 51:06

Os sindicatos non negociarán recurtes salariais coa Xunta

Os sindicatos néganse a negociar coa Xunta a baixada salarial ós funcionarios. Denuncian que os recurtes de Feijóo van máis aló que o decreto-lei do Goberno central. Gaspar Zarrías critica a falta de colaboración da Xunta co Plan E. A Xunta mantén a prohibición de extraer mexillón na ría de Vigo tralo verquido de fuel. Fóra de perigo o neno atacado por un can sen dono, en Palas de Rei. Veciños de Padrón manifestáranse esta tarde en contra do traslado do legado de Cela á Cidade da Cultura. Entrevistamos ó director coruñés Oliver Laxe, que participa na Primeira Mostra de Cinema Periférico na Coruña. No tempo da reportaxe, falamos de seguridade marítima cos expertos reunidos estes días en Bamio, Pontevedra.(04/06/10)

Galicia Informativos
Más opciones