Os recortes do Goberno tensan o debate no Parlamento Galego
O BNG critica a Feijóo por presentarse coma o gran defensor das pensións cando hai pouco tentou suprimi-lo complemento ás non contributivas.
O Presidente da Xunta di que o Bloque é corresponsable dos recortes por apoia-los Orzamentos do Estado. Núñez Feijóo e Manuel Vázquez acúsanse de mal uso de fondos públicos. O socialista pide a demisión do conselleiro da Presidencia. A familia de Mª Luz Posse entrega trinta mil sinaturas ó Valedor do Pobo para esixir que o presunto asasino da súa filla volva a prisión. Citroën fabricará en Vigo dous novos modelos de coches para países emerxentes.Achegámonos áta o porto da Coruña , onde atracou o "Barco da Paz" con dez superviventes do ataque nuclear de Hiroshima. O avellentamento da poboación e o illamento do rural fan de Galicia a segunda comunidade en número de suicidios. Coa nosa proposta cultural, descubrirán cómo encarregar un libro que se imprime nese momento e se envía por correo ó lector(26/05/10)