Os administradores concursais de Pescanova manteñen un encontro co comité de Frivipesca, a empresa filial radicada na sede de Chapela, en Redondela. Os traballadores confían en que a banca acreedora aporte liquidez á compañía.
-No Parlamento, as comisions de investigación sobre as caixas e do estudo da corrupción debaten esta tarde os plans de traballo. A oposición teme que o grupo popular quera impoñer as súas propostas. O PP di querer buscar o consenso.
-O alcalde de Ourense, disposto a eliminar as asignacions ós grupos municipais se non se consegue a máxima trasparencia.
-O director xeral de Industria considera que os elevados niveis de arsénico nas augas e terras próximas á mina de Corcoesto son "unha anomalía xeofísica normal". Bernardo Tahoces asegura que o goberno galego evaluará o confinamento do arsénico no novo proxecto mineiro previsto para esta zona do concello coruñés de Cabana de Bergantiños.