Temperaturas próximas ós 40 graos en comarcas do interior, pra maña anunciase un lixeiro descenso. Un incendio destrúe unha capela do século XVI en Ourense (28/07/10)
Alerta laranxa or altas temperaturas, pero o delegado territorial da Aemet considérao un episodio normal e non unha vaga de calor. Un incendio destrúe por completo en Ourense a capela dos Remedios, do século XVI. Núñez Feijóo e Paulino Rivero piden en Santiago unha reunión urxente da CPFF para negociar os prazos da devolución dos anticipos ás comunidades. O PSdeG rexistra a petición pra que se proceda á disolución da corporación de Gondomar. O BNG pide que o galego sexa lingua preferente na administración de xustiza. O porteiro do Deportivo Dani Aranzubía pode perderse o inicio da Liga. Reportaxe sobre a planta inaugurada no Porriño pra fabricar vacinas para os peixes. (28/07/10)