A Xunta anuncia un novo recorte presupostario para o 2011
Os presupostos de Galicia para o 2011 baixarán un 8'6%.O orzamento será de 10.100 euros, 950 millóns menos ca o ano anterior.Os socialistas pregúntanse por qué non hai cartos para ensino ou servizos sociais e sí para adxudicar obras ás ofertas máis caras.O BNG pide á Xunta que deixe de lamentarse e que faga algo ante a crise.A ministra de Medio Rural confía en que as medidas lexislativas da UE axuden ós produtores de leite.Elena Espinosa inaugurou hoxe unha senda litoral no monte Santa Trega,en A Guarda.A directora do Instituto de Control do Medio Mariño defende na Coruña a reapertura da ría do Burgo ó marisqueo.Covadonga Salgado afirma que as análises revelan que non hai contaminación microbioloxica.En tres semanas estará rematada a construcción do dique do Porto Exterior da Coruña.Incorporadas á Fundación Granell máis de dúas mil obras do pintor surrealista.Filipe Luis non viaxou a Suiza co Deportivo para pecha-lo seu traspaso ó Atlético de Madrid.En Vigo presentouse o Celta con David Rodríguez como última fichaxe(19/07/10)