A Xunta fará unha lei pra dar cobertura á consulta as familias sobre o galego. O concello de Santiago recocrrerá a Tragsa pra recollelo lixo das rúas. O Deportivo marcha de vacacións.
A Xunta aprobou o decreto que cambia o uso do galego no ensino a partir do próximo curso. PP e BNG piden que Galicia non volva a ver retrasadas as infraestructuras; os socialistas confían en José Blanco. Santiago pedirá a axuda de Tragsa pra retiralo lixo das rúas ante o risco para a saúde pública. Bombeiros de toda Galicia maniféstanse en Lugo contra a privatización deste servizo de emerxencias. Entrevistamos ó presidente do Congreso que debate na Coruña sobre as alerxias nos menores. Galicia é Arxentina comparten protagonismo na obra "Dúas Beiras" que se estrea en Santiago. O Deportivo marcha de vacacións ata o 8 de xullo. (20/05/2010)