A Xunta defenderá a galeguidade de Reganosa
A Xunta tentará impedir que a regasificadora de Ferrol perda o seu carácter galego.Medio Rural da por controlado o incendio de Sober,en Lugo,que arrasou 180 hectáreas.Os prezos caeron sete décimas en Galicia en xullo polo tirón das rebaixas.Detida unha menor e o seu irmán polo atropelo mortal do venres en Monforte. Na mesma localidade foi precintada a atracción do "pulpo" tras resultar feridos tres menores.Comezou a derruba do tanatorio de Montecelo,en Pontevedra,en cumprimento dunha sentenza do Supremo.O presidente da CRTVE, Alberto Oliart,visitou hoxe a sede galega de Radio Nacional, en A Coruña. O alcalde da cidade,Javier Losada, recibiu a Oliart na súa primeira visita institucional á cidade.Chega a noite das perseidas.Invitámolos a deitarse na herba para contemplar esta chuvia de estrelas fugaces, que non é tal, segundo lles contamos na nosa reportaxe(12/08/10)