Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 24/06/10 24/06/2010 50:30

A Xunta de Galicia asume a dirección da Fundación Cela

A Xunta acordou traslada-los fondos da Fundación Cela á Cidade da Cultura.A sede da Fundación manterase en Padrón.O delegado do Goberno,Antón Louro,prevé novos arrestos polo uso de explosivos na pesca de sardiña.Os 9 detidos en Vigo e Portonovo poderían pasar esta tarde a disposición xudicial.O 061 atendeu 83 persoas na noite de San Xoán,a maior parte por alcol e drogas.O alcalde nacionalista de Maceda gobernará en minoría ó expulsar do goberno local ós edís do PSOE.A Xunta cré que actuou de xeito correcto tra-los vertidos de fuel na ría de Vigo.Os socialistas dín que Medio Ambiente actuou dous días tarde.Juliette Lewis actuará esta noite en Santiago,no concerto solidario Help Concert do Xacobeo 2010. A Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa aborda en Compostela o Plan Bolonia e a profesionalización do sector.Mañá arranca en Lugo o Arde Lucus,unha cita que cada ano nos convida a volver ó tempo dos romanos e a disfrutar da festa na rúa.Quique de Lucas,primeira incorporación do Celta de Vigo para a vindeira temporada.(24/06/10)

Galicia Informativos
Más opciones