Xunta e oposición acúsanse de "falsa austeridade"
O PPdGa acusa ós socialistas de urdir unha trama de organizacións pantasma para desviar fondos públicos. Mentres, o PSdGa-PSOE denuncia que a Xunta gastou 15.000 euros en tres billetes a Shanghái. O BNG pregúntalle ó PP se entende por austeridade ter ata catro porteiros en cada porta da Deputación de Ourense. Dous ex-concelleiros do PP de Gondomar recoñeceron no xuizo ter recibido diñeiro a cambio de favores urbanísticos. A cidade de Lugo contará cun novo auditorio no 2015. Na reportaxe falamos do Día Mundial contra o Tabaco: 0 21% das galegas fuman a diario. Xubilados de Mones, en Ourense, peregrinan cara Santiago para pedirlle ó Apóstolo que non desapareza a súa aldea, ubicada no concello ourensán de Petín (31/05/10)