A Xunta ve máis cerca o Pacto polo Territorio
Medio Ambiente presentou as directrices que servirán de base para o planamento urbanístico de Galicia.A Xunta cré que hai marxe para un pacto polo territorio e xa remitiu o documento ós partidos,axentes sociais e concellos.A consellería de Pesca vaise persoar como acusación pública na causa pola pesca con explosivos.Os comerciantes aseguran que non aplicarán a súba do IVE nas rebaixas que comezarán mañá.Os veciños de Padrón volven manifestarse en contra do traslado do legado de Cela á Cidade da Cultura.As conexións entre Santiago e o aeroporto da Lavacolla amplíanse un 68%. Dende mañá haberá autobuses cada media hora. En Galicia máis da metade das persoas discapacitadas son mulleres: 114.000. Mónica Álvarez,presidenta da 1ª asociación galega de discapacitadas,ACADAR, cóntanos as dificultades ás que se enfrontan no día a día.No antigo cárcere da Coruña celébrase esta tarde unha homenaxe poético-musical ó escritor John Berger.O músico Jean Michel Jarre visitou hoxe a Praza do Obradoiro, que o próximo 31 de xullo acollerá a súa única actuación en España.Dixo que combinará tradición e alta tecnoloxía e que porá en escea unha "auténtica arquitectura de luz".(30/06/10)