Dúas mortes tinguen de traxedia a noite coruñesa de San Xoan
Un mozo brasileiro faleceu ó caer nunha fogueira no barrio coruñés de Labañou.Outro home,alxeriano,morreu afogado na praia do Orzán.Case duascentas persoas precisaron atención médica nas celebracións da noite de San Xoan.A Xunta suspende ata novo aviso os permisos para queimas,ante o previsión de altas temperaturas.A CIG denuncia incumprimentos reiterados en materia de seguridade e saúde laboral dos traballadores da loita contra incendios.Un grupo de indignados de Santiago inicia unha macha a pé cara Madrid.José Blanco inaugura hoxe en Lugo a nova ponte sobre o río Miño,que entra en servizo oito meses antes do previsto.Pontevedra convértese esta fin de semana no centro mundial do triatlón.O C.D. Lugo xógase este domingo na casa o ascenso á 2ª división(24/06/11)