Galicia Informativo 7:45 - 31/10/24
Galicia tamén está moi atenta ó que está a suceder tralo paso da DINA por Valencia e Castela a Mancha. Dentro dos tres días de loito decretados polo Goberno, hoxe a mediodía haberá un minuto de silencio ás portas da Delegación na Coruña e diante das subdelegacións provinciais. Suspendéronse numerosas actividades públicas previstas pra hoxe.
O que si vai seguir é o xuizo pola morte de Samuel Luis: van declarar novos axentes da policía que participaron na investigación.
Deportes. A Dina tamén alterou a Copa. O levante non puido desprazarse a Pontevedra. Si xogaron o Bergantiños, eliminado, e o Celta que pasa a seginte ronda. Hoxe turno para o San Tirso e o Racing
O tempo. Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre as altas presións centradas nas illas británicas e a dina situada no sur peninsular. Pola tarde non se descartan algunhas precipitacións, en todo caso pouco significativa, na metade sur.
As temperaturas aínda poden subir algún grao máis