A fiscalía abriu unha investigación pola morte da anciá de 81 anos no servizo de Urxencias do Hospital de Vigo, tras permanecer tres horas á espera de ser atendida. A dirección do hospital e a conselleira de Sanidade negan desatención e ningunha relación coa situación do servizo.
A xuiza de Lugo Estela San José finaliza a investigación do Caso Campeón sobre subvencions irregulares. Hai 50 imputados.
Pasa a disposición xudicial o pediatra de Lalín detido por abusos sexuais a unha menor. Manifestación dos traballadores da fábrica de armas da Coruña para pedir a mediación do goberno e evitar o peche e o despido dos 170 empregados. En augas de Ferrol, un equipo de investigadores atopa dous canons do que poderían ser os primeiros restos localizados do buque mais importante da Armada Invencible, afundido no século XVI.