Galicia Informativos
Informativo A Coruña 13:55 - 11/01/24
11/01/2024
04:58
O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Noia incoa dilixencias pola posible existencia dun delito contra os recurso naturais e o medio ambiente polo vertido de bolas de plástico na costa galega.
A xuiza pide ó Seprona que lle comunique quen é o titular do buque, as circunstancias de perda da carga e a posible toxicidade da mesma. E admite ós distintos denunciantes, Ecoloxistas en Acción, a plataforma en defensa do mar de Muros e Noia e Podemos, como acusación popular
Mentres, segue o debate sobre as peticións do presidente da Xunta ó Estado pra facer fronte a esta crise, que incluen 11 embarcacións de salvamento, un avión, dous helicópteros e un robot submarino...