Galicia Informativos
Informativo A Coruña 13:55 - 27/03/25
28/03/2025
04:58
Centos de profesionais sanitarios volveron reclamar hoxe diante do hospital da Coruña máis seguridade nos seus postos de traballo.
Lembran que máis de 50 días despois da agresión a dous compañeiros en Urxencias, seguen sen implantarse medidas eficaces que garantan a súa protección.
Diante do CHUAC fixeron unha sentada e logo rodearon o centro sanitario. Solicitan unha reunión coa xerencia, pra saber cando se porán en marcha as novas medidas e os novos protocolos. Aseguran que incrementar a vixilancia polas tardes e dispoñer de botón do pánico nalgúns ordenadores non abonda.