Galicia Informativos
Informativo A Coruña 13:55 - 03/02/23
03/02/2023
04:57
Novidades no caso Pichel en Santiago. O alcalde adiantou que barallan remitir á fiscalía o asunto a vindeira semana. O obxectivo: dirimir se houbo ou non posibles responsabilidades penais na contratación da empresa Desproi.
Empresa ligada ó edil dimitido, José Manuel Pichel, e que tiña débedas previas co concello, antes da contratación da nave. A decisión definitiva será tomada a semana que vén.