Galicia Informativos   Informativo A Coruña 13:55 - 09/12/22 09/12/2022 04:58

A vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, está hoxe na Coruña. A visita xira en torno á futura sede da Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial, que se ubicará na cidade herculina.

Concretamente no edifico da Terraza, nos xardíns de Méndez Núñez. Un inmoble de titularidade municipal.
Calviño adiantou que a próxima semana se comezará a traballar co concello no convenio pra poñer en marcha a nova sede e asegurou que estará operativa ó longo de 2023.

A vicepresidenta tamén asegurou que se está a buscar unha ubicación alternativa pra RadioTelevisión Española, que actualmente ocupa o edificio da Terraza.
Tras reunirse coa alcaldesa, Nadia Calviño tamén celebrou un encontro con algunhas das empresas punteiras en intelixencia artificial na cidade, como Abanca, Inditex ou Altia

Galicia Informativos
Más opciones